Internet, coñecido coma a rede de redes é un dos eixos da Sociedade da Información e da Comunicación. Ninguén chegara a imaxinar nunca que o que nun principio se trataba dun invento militar, acabaría converténdose nun sistema de comunicación para o cidadán de a pe.
Enderezo Electrónico. Listas de distribución. Novas. Chat. IRC. Mensaxería instantánea. Conferencias de voz en tempo real. Servizos e aplicacións que permiten investigar e atopar información (Gopher, Telnet...). Hipertexto. Multimedia. Hipermedia (hipertexto+multimedia). Interactividade. Negociacións. Enlaces. Interpretación e creación... Todas estas características constitúen as coñecidas ventaxas da Internet.
Mais se queremos falar de ventaxas, teremos que mencionar á novedosa alfabetización dixital. E digo novedosa porque naceu nesta sociedade 2.0. Segundo a Real Academia Española, alfabetizar consiste en "ensinar a ler e a escribir". Concepto que nos axudaría a definir a alfabetización dixital como a capacidade para ler e entender textos de hipertexto e multimedia. Lanham consideraba que se debe incluir a habilidade para descifrar imaxes, sons, etc..., ademais dun simple texto. Outros autores coma Gilster refírese a este termo cunha definición máis concreta:
"A tecnoloxía esixe de nós, como o fixo deles, unha sensatez no uso das posibilidades, unha voluntade de adaptar as nosas capacidades a un novo e suxerente medio. E aí está a esencia da alfabetización dixital. A nosa experiencia na Internet virá determinada por como dominemos a súas competencias esenciais".
É dicir, este concepto consiste na construción do coñecemento, na busca na Internet, na navegación por hipertexto e na avaliación do contido. Un dos seus obxectivos consista, como ocorre con esta materia, na creación dunha estratexia persoal de información, con seleción de fontes e mecanismos de distribución.
Porén, atopámonos cun grande inconvinte nesta Sociedade 2.0, nesta sociedade na que a xente está alfabetizada dixitalmente, estamos a falar da infoxicación. "Ás veces non eleximos, senón que "tragamos" información sen conciencia. Priorirízase cantidade sobre calidade, e dividimos a atención en varias tareas no lugar de focalizala nunha única. Así, pode que unha tarea compita en relevancia con outras, e desatendamos a primeira (que era o noso obxectivo) en favor das numerosas secundarias ou que incluso non cheguemos a completar ningunha", explicou Almudena Sánchez Mazarro, psicóloga da Universidad Autónoma de Madrid. Acutalmente temos unha sobrecarga de información, somos devoradores de páxinas web, acumulamos pestañas na nosa ventana de Internet. Con frecuencia, alimentámonos de información innecesaria ou mesmo falsa. Combatir contra a infoxicación debería ser unha loita como combatir contra o chamado "xornalismo cidadán".
BIBLIOGRAFÍA
Bawden, David (2002). "Traducciones. Revisión de los conceptos de alfabetización informacional y alfabetización digital". Anales de documentación, nº 5, 361-408.
Debate SIC (2013). "¡No te dejes aplastar por la infoxicación". Debates sobre tendencias de la sociedad de la información y el conocimiento. [En liña]
<http://www.debatesic.es/2013/05/resumen-infoxicacion/> [Consulta: 11 outubro 2013]
Guchea, Alejandro (2009). "Ventajas e inconvenientes de Internet". Slideshare [En liña]
<http://www.slideshare.net/aleguchea/ventajas-e-inconvenientes-de-internet> [Consulta: 11 outubro 2013]
"Infoxicación: cuando el exceso de mensajes «revienta» el cerebro" (2011). La Razón [En liña]
Ningún comentario:
Publicar un comentario