Este proxecto forma parte
dun traballo para a materia de Xéneros Informativos en Prensa no que
abordaremos a vida e obra do xornalista e escritor Hunter Stockton Thompson.
Nesta práctica recolleranse tódalas fontes bibliográficas a partir das cales se
realizará o traballo final.
A estructura do proxecto
consta de catro grandes bloques de información: biografía, introducción ó novo
xornalismo incluíndo o nacemento do xornalismo gonzo, a carreira profesional e
as obras do autor.
O material utilizado
baséase en tres tipos de fontes principais: revistas online, onde se inclúen
artigos do autor, artigos sobre el e entrevistas; material multimedia,
documentais e películas baseadas nos seus libros; e as súas propias obras, que
nos axudan tanto a falar sobre a súa carreira profesional coma da súa vida,
ademais das propias obras en si –aínda que para as obras preferimos as
análilses que atopamos e as nosas propias-. En menor medida, consultamos fontes
online.
Entendemos que con esta
recompilación de referencias bibliográficas poderemos realizar un traballo final
preciso e ben documentado, de xeito que calquera lector adquira uns
coñecementos amplos sobre Hunter S. Thompson.


BILIOGRAFÍA
A partir das seguintes fontes bibliográficas explicaremos a vida do
xornalista e autor Hunter S. Thompson, dende o seu nacemento, lugar onde viviu,
onde e como traballou, e así percorreremos unha longa viaxe polo camiño que
escolleu até a súa morte.
Alex Gibney (2008). Gonzo: The Life and
Work of Dr. Hunter S. Thompson; Gonzo: Vida y hazañas del
Dr. Hunter S. Thompson”[1] [Vídeo en liña], Estados Unidos, Magnolia
Pictures/HDNet Films.
Neste último archivo audiovisual, o director do
filme retrata en modo de documental, a vida do autor cos seus momentos máis
decisivos dende a súa rebelde xuventude, os seus primeiros traballos como
xornalista, a turbulenta relación que o uniu aos “Ánxeles do Inferno”, a súa
fracasada candidatura a Sheriff de Aspen ou a súa notoria implicación na
campaña presidencial que data en 1972.
Memba,
Javier (2002). “Malditos, heterodoxos y alucinados. Hunter Stockton Thompson, el creador del periodismo gonzo (XLIX)”.
Elmundolibro.com [En liña]
<http://www.elmundo.es/elmundolibro/2002/04/20/anticuario/1019230429.html> [Consulta: 10 Octubre 2013]
A partir desta ligazón, recolleremos no apartado "Un
delincuente juvenil" a súa etapa de
mocidade e tamén diferentes datos biográficos.
Nolasco,
Sergio (2013). “Hunter S. Thompson: el
periodista que quiso ser sheriff. De la invención del periodismo gonzo a la
búsqueda de un cargo público”. DIEZ4 [Revista en liña] Dispoñible en
Correo electrónico: buzon@diez4.com
<http://diez4.com/diez4/2013/hunter-s-thompson-el-periodista-que-quiso-ser-sheriff/> [Consulta: 10 Outubro 2013]
A partir deste artigo, descubriremos que o autor
non só se adicaba ao xornalismo, así coma os distintos ideais que o
caracterizaban.
Biography for Hunter S. Thompson [2]. IMDb [En
liña]
<http://www.imdb.com/name/nm0860219/bio?ref_=nm_ov_bth_nm> > [Consulta: 10 Outubro 2013]
Nesta ficha atoparemos datos máis profundos da personalidade do autor,
aportaranos información adicional.
O NOVO XORNALISMO: XORNALISMO GONZO
A través desta escolma de
fontes bibliográficas, accederemos á información que nos explica a qué fai
referencia o termo “xornalismo gonzo”, esa corrente xornalística da que é pai
H.S.Thompson.
Cyclopaedia (2013).
“Gonzo periodismo”. Cyclopaedia.net [En liña] <http://es.cyclopaedia.net/wiki/Gonzo-periodismo> [Consulta: 10 de
octubre]
Desta páxiña web é
importante destacar os diferentes soportes nos que se nos ofrece a información,
dende unha pequena introdución teórica ata unha serie de artigos científicos
que versan sobre o xornalismo gonzo, pasando por fotografías e vídeos sobre a
temática.
Periodismo Gonzo (2012).
“Periodismo Gonzo no es sólo Hunter S. Thompson”. ReportajeGonzo Blogspot[3] [En liña] <http://reportajegonzo.blogspot.com.es/2012/10/periodismo-gonzo-no-es-solo-hunter-s.html> [Consulta: 10 de
Outubro]
Nesta ligazón son
salentábeis os outro protagonistas dos cales se nos dá o nome que tamén
traballaron esta disciplina xornalística.
Vargas, Esther (2013).
“La vida de un reportero y el periodismo gonzo/encubierto/border”[4]. Clases de Periodismo.com
[En liña] <http://www.clasesdeperiodismo.com/2013/04/08/la-vida-de-un-reportero-y-el-periodismo-gonzoencubiertoborder/> [Consulta: 10 de
Outubro]
Grazas a esta ligazón poderemos
ahondar máis no que supuso Thompson na creación deste xénero periodístico,
ademáis de estudar matices aportados por outros autores que practicaron tamén o
xornalismo gonzo, como Günter Walrraff.
TRAXECTORIA
PROFESIONAL
Brinkley, D. y McDonell, T. (s. f.). Interviews: “Hunter S. Thompson. The art of journalism
No. 1”. The Paris review [Revista en liña] <http://www.theparisreview.org/interviews/619/the-art-of-journalism-no-1-hunter-s-thompson> [Consulta: 10 Outubro 2013]
Probablemente incluida no libro anterior, temos unha entrevista feita
por Douglas Brinkley e Terry McDonell ao escritor gonzo. Consideramos que é moi
útil para o noso traballo porque aporta datos sobre a súa carreira e as súas obras,
sendo unha fonte de primeira man.
Bruce
Robinson (2011). The rum diary; Los
diarios del ron”[4] [DVD],
Estados Unidos, Warner Independent Pictures / GK Films / Infinitum Nihil / Dark
& Stormy Entertainment / FilmEngine.
Iglesia, Anna María (2013). “El último dinosaurio, el lúcido testimonio de Hunter S. Thompson”. Culturamas [Revista en liña]. Dispoñíbel en Correo electrónico: info@culturamas.com
<http://www.culturamas.es/blog/2013/04/25/el-ultimo-dinosaurio-el-lucido-testimonio-de-hunter-s-thompson/> [Consulta: 11 Outubro 2013]
Este artigo fala
do libro El último dinosaurio, recompilación de entrevistas feitas ó
autor nas que fala sobre a súa profesión e a súa traxectoria profesional, polo
que podemos recadar información sobre o tema.
Nolasco, Sergio (2013). “Hunter
S. Thompson: el periodista que quiso ser sheriff. De la invención del
periodismo gonzo a la búsqueda de un cargo público”. DIEZ4 [Revista en
liña] Dispoñible en Correo electrónico: buzon@diez4.com
<http://diez4.com/diez4/2013/hunter-s-thompson-el-periodista-que-quiso-ser-sheriff/> [Consulta: 10 Outubro 2013]
<http://diez4.com/diez4/2013/hunter-s-thompson-el-periodista-que-quiso-ser-sheriff/> [Consulta: 10 Outubro 2013]
Neste artigo –que
aparecera no apartado de bibliografía- atopamos moita información útil sobre a
carreira de Thompson, dende a súas ambicións profesionais até os seus ideais.
Podemos considerar que toda a información é útil se a incluímos de maneira
resumida.
Rebollo, Marcos
(2012). “Los seis mayores colocones de Hunter S. Thompson” Rolling Stone
[Revista en liña]. Dispoñible en enderezo electrónico: contacto@prisarevistas.com
<http://rollingstone.es/specials/view/los-seis-mayores-colocones-de-hunter-s-thompson> [Consulta 10 de Outubro 2013]
Nesta ligazón
podemos empaparnos de tódalas experiencias psicotrópicas que acompañaban a
Thompson en cada artigo que tiña que escribir. Ademáis, esa división en seis
colocóns está estructurada de forma cronolóxica, polo que podemos facer un
recorrido polos altibaixos persoais que vivíu, sempre moi influíntes na súa
obra tanto xornalística como novelística.
Terry
Guilliam (1998). Fear and loathing in Las
Vegas; Miedo y asco en Las Vegas”[6] [DVD], Estados Unidos, Universal Pictures / Summit Entertainment / Fear and
Loathing LLC / Rhino Films / Shark Productions.
THOMPSON,
Hunter S. El escritor gonzo. Cartas
de aprendizaje y madurez[7], Barcelona,
Anagrama, 2012.
O presente libro
recolle a correspondencia de Hunter S. Thompson entre 1955 e 1976. As cartas
que aparecen representan principalmente a xestación de Thompson como novelista
e xornalista gonzo.
THOMPSON, Hunter S. El último dinosaurio, Gallo nero, 2013.
Nesta obra atoparemos una recompilación das
entrevistas máis importantes concedidas por Thompson ao longo da súa vida,
maioritariamente á revista Rolling Stone,
a Playboy, a Equire e a The Paris Review.
A información seleccionada, como no outro caso aínda non a podemos concretar.
Thompson, Hunter S. (1970-1983). “14 Items by Hunter S. Thompson”; “14
ligazóns de Hunter S.Thompson”[7]. Rolling Stone [Revista en liña] Dispoñible en enderezo
electrónico: letters@rollingstone.com
<http://www.rollingstone.com/contributor/hunter-s-thompson> [Consulta: 10 de outubro]
Nesta ligazón podemos atopar a recompilación dos artigos escritos
por Thompson para a revista Rolling Stone, o que nos permite ter unha visión
máis persoal e introspectiva do autor.
OBRAS
Para falar das obras dun autor é imprescindíbel ler os seus
traballos. Así e todo, os
libros e artigos escritos por Hunter S. Thompson son a primeira fonte a que
acudiremos, pero non poderemos falar do seu contido até que comecemos coa súa
lectura.
THOMPSON, Hunter S. Miedo y asco en Las Vegas, Barcelona,
Anagrama, 1971.
THOMPSON, Hunter S. The curse of Lono.
Bantam Books, 1983.
THOMPSON, Hunter S. Los ángeles del infierno, Barcelona,
Anagrama, 2009.
THOMPSON, Hunter S. El escritor gonzo. Cartas de
aprendizaje y madurez, Barcelona, Anagrama, 2012a.
THOMPSON, Hunter S. La gran caza del tiburón, Barcelona,
Anagrama, 2012b.
THOMPSON, Hunter S. Los diarios del ron, Barcelona,
Anagrama, 2012c.
THOMPSON, Hunter S. El último dinosaurio, Gallo nero, 2013.
A lectura destes libros permitiranos facer unha análese
propia de cada obra, pero tamén nos apoiaremos nalgúns traballos sobre elas
atopados na rede. Polo de agora ningún contido dos recollidos nas seguintes
revistas será descartado, xa que mentres non tiñamos lido as obras de Hunter
non poderemos contrastar a información vertida nestes artigos.
Thompson, Hunter S. (1970). “El Derby de Kentucky es decadente y
depravado”[8]. Scribd
[Librería dixital]
<http://es.scribd.com/doc/96115023/El-Derby-de-Kentucky-Es-Decadente-y-Depravado-Hunter-S-thompson> [Consulta: 14 Outubro 2013]
Fuster, Francisco (2009). “Los ángeles del infierno. Una extraña y terrible saga” Ojosdepapel.com [ Revista en liña]
<http://www.ojosdepapel.com/Index.aspx?article=3315> [Consulta: 14 Outubro 2013]
Ademais
de analizar a obra Los ángeles del infierno, fálanos das causas que
levan a Hunter a realizar este traballo, e tamén da conclusión que acarrea o
libro.
García, David (2012). “Miedo y asco en las cartas”. Jot Down
[Revista en liña]. Dispoñible en enderezo electrónico:
administracion@jotdown.es <http://www.jotdown.es/2012/04/miedo-y-asco-en-las-cartas/> [Consulta: 14 Outubro 2013 ]
Neste artigo fálase do libro El escritor gonzo, e empregaremos os cinco primeiros parágrafos para recadar a información que precisamos sobre esta obra , xa que os sucesivos parágrafos contan datos anecdóticos da vida do autor que carecen de relevancia neste apartado.
García, David (2012). “El botellón caribeño de H.S. Thompson”. Jot
Down [Revista en liña]. Dispoñible en enderezo electrónico:
administración@jotdown.es
<http://www.jotdown.es/2012/05/el-botellon-caribeno-de-h-s-thompson/> [Consulta: 14 outubro 2013]
Este artigo é un comentario exhaustivo do libro El diario del ron do que non descartaremos información. David García dedica a maior parte do traballo ó referente a historia e os seus personaxes, aínda que tamén nos fala de vivencias anteriores de Hunter que lle axudaron neste viaxe e ámbalas dúas cousas teñen interés para nós.
Iglesia, Anna María (2013). “El último dinosaurio, el lúcido
testimonio de Hunter S. Thompson”. Culturamas.es [Revista en liña] Dispoñible
en enderezo electrónico: info@culturamas.com
<http://www.culturamas.es/blog/2013/04/25/el-ultimo-dinosaurio-el-lucido-testimonio-de-hunter-s-thompson/> [Consulta:14 outubro 2013]
Os dous primeiros parágrafos funcionan a modo de introducción e non terán valor informativo para o análese que queremos facer da obra El último dinosaurio. Pero a partir do terceiro parágrafo ofrécenos un pequeno resumo do libro que si imos a empregar.
Thompson, Hunter S. (1971). “Fear and
loathing in Las Vegas”. Rolling Stone
[Revista en liña] Dispoñible en enderezo electrónico: letters@rollingstone.com
<http://www.rollingstone.com/politics/news/fear-and-loathing-in-las-vegas-19711111> [Consulta:14 outubro]
Thompson, Hunter S. 1978. “Last tango in
Las Vegas; Fear and loathing in the far room”. Rolling Stone [Revista en liña] Dispoñible en enderezo
electrónico: letters@rollingstone.com
<http://www.rollingstone.com/culture/news/last-tango-in-vegas-fear-and-loathing-in-the-far-room-19780518> [Consulta: 14 de outubro]
A relevancia destes artigos básase en que están escritos polo propio Hunter S. Thompson, polo que é un análese en primeira persoa dos seus traballos. O problema destas dúas fontes é que non podemos acceder o contenido íntegro dos artigos, pero serviranos de apoio á hora de redactar a información.
[1] Este documental extraíuse da seguinte ligazón: <http://www.teledocumentales.com/gonzo-the-life-and-work-of-dr-hunter-s-thompson-subtitulado/>[Consulta: 10
Outubro 2013]
[2] O motivo polo cal non
se descartou esta páxina web, por non aparecer o nome do autor, é: “IMDb son las siglas en
inglés de Internet Movie Database (base de datos de películas en
Internet, en español), y se refiere a una página con información relacionada a
películas, programas de televisión y juegos de vídeo. La página de IMDb.com (en inglés) es una de las más populares para consultar
información no sólo sobre películas, juegos y programas, sino también
información referente a actores, productores, directores y hasta personajes
ficticios.”
Castro,
Luis (s. f.). “¿Qué es IMDB? La base de datos de películas en Internet”.
Internet básico [En liña]
<http://aprenderinternet.about.com/od/Multimedia/a/Que-Es-Imdb.htm>
[Consulta 10 Outubro 2013]
[3] Debemos sinalar que esta páxiña web é un blogue, o cal fai que non poida ser considerada coma unha fonte fiábel. Pero decidimos mantela, xa que tras contrastar a información con outras páxiñas e documentos que sí podemos afirmar que teñen un contido correcto, é posíbel verificar a autenticidade dos datos que aporta.
[4] Teremos que agardar até os visionados dos filmes para
poder facer un comentario sobre eles y sobre a información que nos poden
aportar.
[5] Teremos que agardar até os visionados dos filmes para
poder facer un comentario sobre eles y sobre a información que nos poden
aportar.
[6] A data que incluímos é a da última edición publicada. Extraído en: http://www.casadellibro.com/libro-el-ultimo-dinosaurio/9788493856991/2102132 e http://www.casadellibro.com/libro-el-escritor-gonzo/9788433978349/1976463 [Consulta 10 outrubro 2013]
[7] Esta ligazón é unha ponte de acceso a tódolos artigos
escritos por Hunter S. Thompson para a revista Rolling Stone.
[8] Primer artigo escrito por Hunter S. Thompson.
Ningún comentario:
Publicar un comentario